Sitio web da EGAM, Federación Galega de Montañismo
A EGAM, Escola Galega de Alta Montaña, é un órgano da Federación Galega de Montañismo que constitúe a base da educación e tecnificación dos deportistas federados. Está formada por un corpo técnico de profesorado especializado en montañismo, escalada, alpinismo, esquí de montaña e barrancos. Dende hai máis de 50 anos vén desenvolvendo, cada tempada, os correspondentes cursos dentro do calendario da FGM e das diversas especialidades.
Na actualidade a EGAM ofrece unha variedade de cursos e niveis de formación adecuados á capacidade de cada federad@, dando como resultado uns deportistas máis tecnificados e con maior proxección do noso deporte. Porén, por diante do anterior, podemos afirmar que o primeiro obxectivo da EGAM é que @s montañeir@s estean plenamente formad@s na SEGURIDADE na montaña.