Quen somos

A Escola Galega de Alta Montaña é un departamento da Federación Galega de Montañismo (declarada de utilidade pública) que se preocupa da formación no eido dos deportes de montaña e escalada en Galicia, dende fai máis de 50 anos.
O barranquismo, a escalada, o montañismo, o esquí de montaña e o alpinismo son as disciplinas deportivas nas que nos centramos, con dous eixos formativos centrais que son o da seguridade, e o da mellora do rendemento técnico-deportivo, especialmente entre ás persoas e aos clubs federados, pero tamén atendendo á cidadanía galega.
Traballamos nos eixos da “formación para deportistas”, onde nos preocupamos da formación que demandan os clubs ou os propios deportistas, e a “formación para monitores de clubs” que se centra en dotar aos clubs galegos de recursos humanos formados e titulados para traballar o deporte de base.
Quen formamos a Escola Galega de Alta Montaña somos case 30 técnic@s de toda Galicia, especialistas en cada unha das disciplinas, que temos vontade e capacidade para coordinar e impartir a formación encomendada, sempre abertos a mellorar pola iniciativa propia, pola iniciativa dos nosos federad@s, ou pola iniciativa da nosa Asemblea Xeral da Federación Galega de Montañismo.