A inscrición nun curso para deportistas poderase facer, ou nos clubs federados galegos (que o comunicarán inmediatamente á FGM), ou directamente @ interesad@ na propia FGM.
A inscrición non será definitiva ata que a persoa interesada:
1) Cubra a folla de inscrición (descargar aquí)
2) Pague a cota do curso por transferencia bancaria ( IBAN: ES20 2080 5104 86 3040016923 ) ou persoalmente na FGM.
3) Os documentos xustificativos se presenten, ben por correo-e (info@fgmontanismo.es), fax (986 207 407), ou directamente na FGM.
A data límite de inscrición será ata dous xoves antes do inicio do curso.
Podes descargar aquí o formulario de inscrición nas actividades da EGAM-FGM